Radio Centro , escóitanos en calquera momento. A FUNDACION PARA A PROTECION DE DISCAPACITADOS PSIQUICOS TERRA DE CELANOVA é unha organización constituída sen ánimo de lucro de interese xeral galego, foi creada no ano 1997 funcionando desde esa data como CENTRO OCUPACIONAL. Este centro ten como finalidade conseguir a integración das persoas con discapacidade intelectual, mediante a realización de actividades de carácter ocupacional, persoal e social nun réxime o máis parecido posible ao normal.